Visita dos pais dos novos alumnos/as de 1º ESO á biblioteca
As nais dos alumnos/as de 6º Educación Primaria visitaron o centro o pasado mércores 15 de xuño. Foron recibidos pola directora na entrada do instituto. A continuación pasaron ao Salón de Actos onde faloulles a directora, a xefa de estudos, a orientadora e o coordinador da biblioteca.
A biblioteca deulles un tríptico con información das actividades que leva a cabo e un boletín de recomendacións de libros para os pais.
![]() |
Tríptico con información da biblioteca |
![]() |
Interior do tríptico con información da biblioteca |
![]() |
Boletín con lecturas para as familias |
Despois fixeron un percorrido polo centro facendo unha parada na biblioteca e na súa radio.
Esta visita serviu para un primeiro contacto cos novos pais/nais de alumnos. Presenteille os proxectos que ten en marcha a biblioteca, parando sobre todo no de Lectura e familias. Inviteilles a unha reunión inicial que teremos a principios de curso para falar das actividades destinadas aos pais de alumnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario