A familia ten un aliado na biblioteca

viernes, 8 de julio de 2022

 




Lecturas para un verán en familia

 

 Guía de ebooks da biblioteca 

Unhas das propostas das familias e a compra e fomento de uso de libros electrónicos polas familias do centro. A biblioteca adquiriu máis títulos de ebooks e libros electrónicos.



 



Bolsas para o proxecto Lectura e familias


Co debuxo feito por Adriana Pardo profesora de plástica do noso centro deseñamos estas bolsas para agasallar as familias participantes no proxecto no vindeiro curso.

Logo do proxecto Lectura e familias da biblioteca do IES Cosme López Rodríguez



viernes, 1 de julio de 2022

 

Visita dos pais dos novos alumnos/as de 1º ESO á biblioteca

As nais dos alumnos/as de 6º Educación Primaria visitaron o centro o pasado mércores 15 de xuño. Foron recibidos pola directora na entrada do instituto. A continuación pasaron ao Salón de Actos onde faloulles a  directora, a xefa de estudos, a orientadora e o coordinador da biblioteca.

         

A biblioteca deulles un tríptico con información das actividades que leva a cabo e un boletín de recomendacións de libros para os pais.

Tríptico con información da biblioteca


Interior do tríptico con información da biblioteca

Boletín con lecturas para as familias

Despois fixeron un percorrido polo centro facendo unha parada na biblioteca e na súa radio.

Esta visita serviu para un primeiro contacto cos novos pais/nais de alumnos. Presenteille os proxectos que ten en marcha a biblioteca, parando sobre todo no de Lectura e familias. Inviteilles a unha reunión inicial que teremos a principios de curso para falar das actividades destinadas aos pais de alumnos.

 







Obradoiro

No mes de maio fixemos o obradoiro Vive a Biblio en Familia! organizado por Solovoz.  

O encargado de impartir o mesmo foi Damián Alonso. Un actor de dobraxe e de teatro con amplia experiencia en locución, publicidade  ou radio.

Participaron activamente tódalas persoas asistentes tanto nos exercicios de vocalización como na lectura en voz alta dos distintos tipos de textos; contos, novela, didácticos ou ensaios.

Case dúas horas cun obextivo claro de animar á lectura. 


Libros para as familias





A biblioteca do IES Cosme López Rodríguez ven de crear un espazo propio para que as familias teñan acceso a libros de temáticas diversas que podan ser do seu interese.



Algúns dos títulos adquiridos pola biblioteca para as familias

 

Guía de libros Familia e Educación


A biblioteca en colaboración co departamento de Orientación elaborou unha Guía de libros sobre familia e educación.
Obras con temáticas diferentes que poden ser de interese nesta etapa educativa.
A biblioteca que re axudar e orientar ás familias.


  Lecturas para un verán en familia