viernes, 8 de julio de 2022
viernes, 1 de julio de 2022
Visita dos pais dos novos alumnos/as de 1º ESO á biblioteca
As nais dos alumnos/as de 6º Educación Primaria visitaron o centro o pasado mércores 15 de xuño. Foron recibidos pola directora na entrada do instituto. A continuación pasaron ao Salón de Actos onde faloulles a directora, a xefa de estudos, a orientadora e o coordinador da biblioteca.
A biblioteca deulles un tríptico con información das actividades que leva a cabo e un boletín de recomendacións de libros para os pais.
![]() |
Tríptico con información da biblioteca |
![]() |
Interior do tríptico con información da biblioteca |
![]() |
Boletín con lecturas para as familias |
Despois fixeron un percorrido polo centro facendo unha parada na biblioteca e na súa radio.
Esta visita serviu para un primeiro contacto cos novos pais/nais de alumnos. Presenteille os proxectos que ten en marcha a biblioteca, parando sobre todo no de Lectura e familias. Inviteilles a unha reunión inicial que teremos a principios de curso para falar das actividades destinadas aos pais de alumnos.
Obradoiro
No mes de maio fixemos o obradoiro Vive a Biblio en Familia! organizado por Solovoz.
O encargado de impartir o mesmo foi Damián Alonso. Un actor de dobraxe e de teatro con amplia experiencia en locución, publicidade ou radio.
Participaron activamente tódalas persoas asistentes tanto nos exercicios de vocalización como na lectura en voz alta dos distintos tipos de textos; contos, novela, didácticos ou ensaios.
Case dúas horas cun obextivo claro de animar á lectura.
Presentación do Proxecto Lectura e Familia
A familia ten un aliado na biblioteca escolar para xerar conxuntamente oportunidades e experiencias de lectura agradables.
A biblioteca do IES Cosme López Rodríguez ven de crear un espazo propio para as familias.
A biblioteca quere axudar e orientar as familias.
ACOLLIDA DAS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 1º ESO As familias do novo alumnado de 1º ESO para o vindeiro curso visitaron o noso centro educa...
-
Unha biblioteca para as familias... ...a biblioteca do IES Cosme López Rodríguez 〰 Obradoiros Préstamo de libros Club de lectura de adultos ...
-
OBRADOIRO LIBROS PARA DESPOIS DA APOCALIPSE Pode a literatura axudar a reconstruir o mundo? Como decidimos que libros salvaríamos se se ac...
-
ACOLLIDA DAS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 1º ESO As familias do novo alumnado de 1º ESO para o vindeiro curso visitaron o noso centro educa...